miércoles, diciembre 18, 2024
InicioO PaísA CoruñaDúas candidaturas galegas finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 2024

Dúas candidaturas galegas finalistas dos Premios Nacionais de Artesanía 2024

A entrega dos XVII Premios Nacionais de Artesanía tivo lugar este martes 17 de decembro en Madrid, onde dous artesáns galegos quedaron como finalistas e á que asistiron o Director Xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén e a xerente da Fundación de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Os artesáns galegos que chegaron á final foron: o torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño que competía na categoría de «Produto», e o ebanista Fran Millán, de Frouma Atlantic Wood de Ribeira, quen opbtaba ao premio da categoría «Emprendemento».

Os Premios Nacionais de Artesanía están convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción de artesanía, Fundesarte.

A finalidade destes galardóns é contribuír ao desenvolvemento e á competitividade das PEMES do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de adaptación ao mercado.

Constan de cinco categorías, tres delas para proxectos de artesáns —Premio Nacional de Artesanía, Premio Produto e Premio Emprendemento— e dúas que recoñecen o labor de promoción por parte de entidades públicas e privadas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS