O reloxo marcaba as 17:00 horas cando un particular alertou ao 112 Galicia sobre unha colisión que tivo lugar na parroquia de Moreira, en Ponteareas. De xeito máis concreto, no punto quilómetrico 293 na A52 en sentido Benavente. No suceso estiveron implicados dous turismos e un camión que transportaba chatarra, tal e como indican desde Emerxencias de Galicia.
En total, hai catro feridos que foron atendidos polos equipos de Emerxencias Sanitarias que se desprazaron ata o lugar. Tamén acudiron os axentes da Garda Civil e os GES de Ponteareas así como Protección Civil de Ponteareas.