Os sindicatos UXT, CCOO e CIG veñen de emitir un comunicado no que apuntan que «no día de hoxe, a dirección informa ao Comité de Empresa a súa intención de iniciar un proceso de negociación para a aplicación dun Expediente de Regulación de Emrego en Levgranite».
Neste contexto, indican que «nos próximos días, constituirase a mesa negociadora» e o «próximo 7 de xaneiro presentarase formalmente a proposta, dando inicio así ao periodo de consultas formal, que terá unha duración máxima dun mes».
A empresa fixo chegar ao Comité de Empresa que a «afectación será moi alta, aínda que non concretou ningunha porcentaxe nin detalle específico». Ademais, indican que «todos os escenarios son posibles», aínda que «a empresa afirma que están traballando nunha opción que permita continuar coa actividade produtiva». Con todo, «non existe ningún compromiso formal de que isto vaia a ser así».
Por outra banda, os sindicatos asguran que «non hai ningunha oferta serie sobre a mesa» e desminten «as información publicadas nalgúns dos medios de comunicación nos últimos días».
Así, o Comité de Empresa lamenta «a incerta que esta situación xera para os traballadores» e reiteran que «o noso compromiso na defensa dos dereitos das persoas trabalaldoras durante este proceso, deixando claro que se ten que manter a actividade industrial e non deixar as instalacións como un mero almacén». .