miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsActualidadePonteareas, As Neves e Salvaterra, no plan de novas sendas peonís da...

Ponteareas, As Neves e Salvaterra, no plan de novas sendas peonís da Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia vén de anunciar que o novo Plan de sendas de Galicia permitirá a execución de máis de «120 quilómetros de novas sendas peonís e ciclistas» nas estradas autonómicas ata o vindeiro ano 2027, e que suporá un investimento de «case 70 millóns de euros«.

A iniciativa, impulsada no marco da Estratexia galega de mobilidade, prevé como un dos seus eixos de actuación o fomento da mobilidade sustentable e activa mediante a construción de sendas peonís e ciclistas.

O plan, segundo sinalou o presidente do executivo galego, Alfonso Rueda, permitiu xa «acometer en edicións pasadas case 300 quilómetros de novos itinerarios cun investimento de preto de 144 M€».

Ademais, o plan foi recentemente distinguido nos premios europeos á excelencia na seguridade viaria 2024, impulsados pola European Road Safety Charter (ERSC), unha comunidade de máis de 4000 entidades e persoas que promove a Comisión Europea para mellorar a seguridade viaria en toda a UE.

O plan actual está clasificado segundo tres niveis de prioridade de actuación (alta, media e baixa) segundo factores como o impacto potencial, a seguridade e a viabilidade técnica. Concretamente, dentro da prioridade alta encóntranse, entre outras, as sendas das comarcas do Condado e o Baixo Miño, que se verán reflictidas nos concellos de Salvaterra, Ponteareas, As Neves, Tomiño, Tui e A Guarda.

Segundo informa a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, «está previsto licitar antes de final de ano o contrato de servizo para a redacción de todos os proxectos precisos para completar o plan».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS