A Sala do Penal sinalou para el vindeiro 13 de xaneiro o xuízo ao senador do Partido Popular José Manuel Baltar por un delito contra a seguridade viaria, por presuntamente conducir «a unha velocidade superior á legalmente permitida nun tramo da autovía A-52 sentido Benavente (Zamora)».
Noutra resolución, a Sala declararou pertinentes as probas propostas polo Ministerio Fiscal e pola defensa, que inclúe o interrogatorio do acusado, a declaración como testemuñas, entre outros, dos Gardas Civís que realizaron a atestación e a documentación relativa á acta de inspección técnica ocular da vía , a dilixencia sobre el carácter del cinemómetro, os fotogramas obtidos co mesmo, os certificados de verificación metrolóxica, así como o boletín de denuncia por exceso de velocidad, segundo apuntan desde a sala.
En canto ás cuestións previas, que son a vulneración do dereito a non ser sometido a un dobre procedemento sancionador, a Sala indica que «serán resoltas ao inicio do xuízo conforme establece o artido 786.2 da Lei de Enxuiciamento Criminal».
Así, o auto de admisión de probas recolle que o Ministerio Fiscal solicitou, no seu momento, a paertura do xuizo oral e presentou escrito de acusación contra baltar por un delito contra a seguridade de tráfico, «interesando que se lle impoña a pena de multa de seis meses con dez euros de cota diaria coa responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do Código Penal» e «descontando o importe da multa administrativa cuxo pagamento se acredite en execución de sentenza, un ano e un día de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores así como as costas».