O Tren de Nadal do Porriño comezou xa os seus percorridos onde nenos e nenas dos coles e aos usuarios de Aceesca , Afaga e os centros de día fixeron uso deste medio de transporte durante estes días.
A partir do 26 de decembro, o tren estará aberto ao público, con viaxes gratuítas pola mañá e pola tarde os días 26, 27, 28, 29 de decembro, 2 e 5 de xaneiro. O 30 de decembro circulará só pola mañá. As paradas serán na Praza Arquitecto Antonio Palacios e fronte ao Pavillón Municipal.
Durante o percorrido, os pasaxeiros poderán gozar do alumeado de Nadal que ilumina as rúas da vila, «creando unha atmosfera máxica que acompaña a experiencia» asegura o goberno local.