miércoles, diciembre 18, 2024
InicioActualidadeCulturaGalcia, sede do humorismo mundial con artistas internacionais e estrea de espectáculos

Galcia, sede do humorismo mundial con artistas internacionais e estrea de espectáculos

A cidade da Coruña será escenario, un ano máis, do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) que terá lugar do 24 de abril ao 4 de maio e que se celebrará co apoio de Turismo de Galicia, dentro súa estratexia de «promover a oferta urbana das cidades a través de grandes eventos singulares e con proxección internacional», segundo indican desde a administración autonómica.

No EMHU 2025 daranse cita artistas como Franco Escamilla e Carlos Ballarta ou o arxentino Luciano Mellera. Ademais, incluirá espectáculos como Apocalípticamente correctoA ChochoctoraA RuínaIsto non é un show e a estrea de O show da Fantasy House, dirixido sobre todo ao público familiar e infantil.

Ao longo dos 11 días de programación, os distintos escenarios repartidos pola cidade herculina, acollerán a estrea en España dos novos espectáculos de Carlos Ballarta e Luciano Mellera, que visitarán por primeira vez Galicia. Franco Escamilla deleitará ao público con Show 1995 e Luis Piedrahita e Henar Álvarez presentarán neste EMHU os seus novos shows: Apocalípticamente correcto e A Chochoctora.

A Ruína e Galder Varas participarán de novo nesta edición tras as súas exitosas sesións do ano pasado no Teatro Colón; unhas táboas que visitará tamén Hovik e un dos dúos máis míticos da comedia española: Faemino e Canso. Goyo Jiménez, Xosé A. Touriñán, Marta González de Vega e Carlos Blanco subiranse ao escenario de Palexco con Humoris Causa, mentres que Ana Morgade, Álex Clavero e JJ Vaqueiro farán o propio, no Colón, en Fantastic Colofon.

Os interesados poderán adqurir as súas entradas e abonos a partir dos xoves 19 ás 12,00 horas na plataforma www.ataquilla.com.

O EMHU alcanza nesta edición o seu quinto ano de celebración ofrecendo espectáculos de éxito ao redor de visións do humor e a utilidade do mesmo. Nesta ocasión, en 2025, a temática xeral do evento xirará en torno a como o humor pode “desenmascarar solemnidades”, unha visión que trata de transmitir Riki Blanco no  cartel do encontro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS