miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsActualidadeEstopa, Amaral, Bad Gyal ou Kase O, primeiros confirmados para O Son...

Estopa, Amaral, Bad Gyal ou Kase O, primeiros confirmados para O Son do Camiño do 2025

O Festival O Son do Camiño, organizado pola Xunta de Galicia, vén de confirmar os primeiros artistas que se subirán ao escenario os próximos 12 e 14 de xuño no Monte do Gozo. Trátase de Kings of Leon, Duki, Bryan Adams, Estopa, Amaral, Bad Gyal, Steve Aoki, Mikel Izal e Franz Ferdinand así como Amaral, Franz Ferdinand, Dani Fernández, Carolina Durante, Juan Magán, La la love you, Nil Molines, Sildé e Marlena, entre outros.

A cita congrega cada ano, desde 2018, miles de asistentes ao Monte do Gozo e co apoio da Xunta de Galicia «estase a converter nun motor turístico e cultural da oferta urbana da capital de Galicia, en concreto, e tamén do destino en xeral», segundo apuntan desde a administración autonómica.

O festival está considerado como «o máis grande do norte da Península e un dos maiores festivais da historia de Galicia» e, neste contexto, a Xunta pretende así «incrementar a calidade da oferta de artistas na súa intención de consolidar esta cita na capital de Galicia como un dos festivais referentes no territorio nacional».

Máis de 100.000 asistentes

Así, o pasado ano o 41% do público procedía de fóra de Galicia, concretamente de países como Reino Unido, Portugal, Suíza e Italia. Cunha asistencia anual próxima aos 130.000 asistentes, «foi un dos dez festivais con maior afluencia do país en 2024«.

38 actuacións en 2025

O Son do Camiño celebrarase do 12 ao 14 de xuño no Monte do Gozo e contará con 38 nomes, dos cales 23 actuarán nos escenarios principais e DJs no escenario SON Electro, que centrará a proposta festivaleira de música electrónica. 

Tras esgotar 25.000 abonos fieis o pasado mes de novembro, as entradas para esta nova edición estarán dispoñibles a partir do xoves 19 de decembro, só na páxina oficial do festival.


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS