miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsActualidade"A sociedade ten que sentir que o galego é fundamental para desenvolverse"

«A sociedade ten que sentir que o galego é fundamental para desenvolverse»

A Real Academia Galega reclama un cambio do modelo educativo e un conxunto amplo de medidas para «reverter o devalo do galego». E é que o informe sobre a situación da lingua galega aprobado polo plenario da Real Academia Galega, en que se analizan polo miúdo os datos presentados polo Instituto Galego de Estatística o pasado outubro, xa pode consultarse en academia.gal.

A análise, que se detén na evolución sociolingüística do galego dende 1992 ata a actualidade, alerta de que o monolingüismo en castelán avanza velozmente, acadando proporcións «nunca vistas na franxa de poboación escolarizada, mentres que son os galegofalantes os que máis practican o bilingüismo». Por tanto, «este continúa sendo un bilingüismo en boa medida diglósico e asimétrico, por unilateral e substitutivo”, advirte o estudo. A teor deste diagnóstico, para reverter esta evolución é imprescindible «cambiar o modelo educativo e desenvolver un conxunto máis amplo de medidas integradas nun novo marco normativo para o idioma», sinala a RAG na declaración institucional a prol dun pacto pola lingua aprobada tamén polos académicos e académicas na última sesión plenaria.

Entrevista co coordinador do Seminario de Sociolingüística e vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS