miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsComarcasA Garda Civil de Mos detén a unha veciña de Ponteareas por...

A Garda Civil de Mos detén a unha veciña de Ponteareas por roubar a unha muller de 91 anos

Os axentes da Garda Civil de Mos detiveron, o pasado día 13 de decembro, a unha muller de 60 anos como presunta autora dun suposto delito de roubo con violencia con resultado de lesións. A persoa detida, que xa contaba con antecedentes policiais, é natural do municipio de Ponteareas.

A muller achegouse á vivenda dunha muller de 91 anos co obxectivo de pedir esmola. A nonaxenaria negoulle a entrada posto que «o día anterior roubaralle 20 euros da carteira», segundo apuntan fontes do caso.

Neste contexto, a veciña de Ponteareas empurra a porta da vivenda e accede ao interior do domicilio. Tirou ao chan á nonaxenaria e pechoulle a saída para evitar que pedira auxilio, «rexistrando posteriormente o domicilio en busca de obxectos de valor e cartos en metálico sen atopar nada do seu interés». Finalmente, arrancoulle unha cadea e colgante de ouro que a muller levaba no pescozo.

De feito, por mor das lesións que lle ocasionou a persoa detida, a muller de 91 anos tivo que ser asistida no Punto de Atención Continuada (PAC) da localidade do Porriño. O Xuzgado de Instrucicón número 1 deste municipio decretou a posta en liberdade con orde de alonxamento sobre a víctima.

Os axentes da Garda Civil de Mos centran a súa investigación sobre esta muller que identificaron os efectivos da Policía Local de Mos mentres pedía esmola na vila, «obtendo indicios suficientes para considerala presunta autora do suposto roubo con violencia denunciado pola víctima».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS