O Concello de Salvaterra de Miño iniciou esta mañá o novo obradoiro de emprego “SALVATERRA EMPREGA IV” cunha financiación de máis de 400.000 euros. Esta inciativa continuará coa liña de fomento do emprego en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
A través deste obradoiro se posibilita que un total de 20 persoas desempregadas se formen e capaciten nas especialidades formativas ofertadas do ámbito forestal e xardinería. Ademais, outras cinco persoas formarán parte do equipo directivo do obradoiro coa finalidade de mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas do municipio.
SALVATERRA EMPREGA IV terá unha duración de 9 meses nos cales o alumnado traballador adquirirá os coñecementos necesarios mediante a realización de tarefas que tamén responderán á prestación do servizo. Ademais, tal e como se fixo en anos anteriores, sendo este o cuarto consecutivo, no apartado de fortestal mantense a colaboración coa Comunidade de Montes de Pesqueiras.