jueves, diciembre 19, 2024
InicioNewsActualidadeO galego Rafael Louzán, novo presidente da Federación Española de Fútbol

O galego Rafael Louzán, novo presidente da Federación Española de Fútbol

A presidencia da Federación Española de Fútbol ten nome galego. O que fora o presidente da Deputación de Pontevedra polo Partido Popular, Rafael Louzán, é o novo líder da RFEF logo de conseguir 90 votos a favor contra os 43 que consguiu o seu contrincante, o valenciano Salvador Gomar. O galego era, ata o de agora, o número un da Real Federación Galega de Fútbol.

Un total de 138 asambleístas exerceron o seu dereito ao voto na Asamblea Xeral, culminando así o proceso electoral da RFEF. A sesión contou coa presenza dos representantes institucionais da FIFA, Emilio García Silvero, e da UEFA, Thierrey Favre.

Con todo, o galego está pendente do que dite o Tribunal Supremo o próximo 5 de febreiro. Cómpre lembrar que Louzán foi condenado a dous anos de cárcere e oito de inahbilitación para cargos públicos por un delito de prevaricación e outro de fraude por conceder unha axuda de 86.311 euros ao Concello de Moraña para que realizase unhas obras no campo de fúbtol. Esas obras estaban xa prácticametne executadas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS