viernes, diciembre 20, 2024
InicioNewsComarcasVigo convoca 62 prazas de emprego público na OPE de 2024

Vigo convoca 62 prazas de emprego público na OPE de 2024

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, vén de anuncair que o Concello convoca 62 prazas novas da oferta pública deste ano, ás que hai que sumar 92 en tramitación de convocatorias anteriores. “Son 154 prazas de emprego público que imos sacar no Concello”, indicou.

Neste contexto, Caballero destacou que a oferta contempla prazas na Policía Local, bombeiros, monitores, enxeñeiros, técnicos da administración, e oficiais de distintos servizos, entre outras.

Oferta

Prazas da quenda libre:

  • 13 policías
  • 8 bombeiros/as
  • 2 traballadores/as sociais
  • 3 técnicos/as de administración xeral
  • 2 auxiliares administrativos
  • 2 administrativos/as de administración xeral
  • 1 psicólogo/a
  • 1 enxeñeiro/a superior de riscos laborais
  • 1 enxeñeiro/a de camiños
  • 1 enxeñeiro/a industrial
  • 1 monitor/a de educación física
  • 1 oficial fontaneiro
  • 1 oficial sepultureiro
  • 1 oficial almacenero
  • 1 axudante de oficios

Prazas de promoción interna:

  • 3 cabos de extinción de incendios
  • 2 inspectores/as da Policía Local
  • 1 Intendente da Policía Local
  • 3 oficiais da Policía Local
  • 5 administrativos/as
  • 2 auxiliares administrativos
  • 2 oficiais de mantemento do IMD
  • 2 oficiais de instalacións

Prazas para persoas con diversidade funcional :

  • 1 diplomado/a social
  • 1 subalterno/a
  • 1 oficial de mantemento
  • 1 axudante de oficios

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS