domingo, diciembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA maxia do Nadal e os seus mercados enchen as comarcas esta...

A maxia do Nadal e os seus mercados enchen as comarcas esta fin de semana

Coa chegada da época máxica do nadal, as fins de semanas están cargadas de actividades e eventos nas comarcas do Condado, Paradanta, Louriña, Valmiñor e Baixo Miño. Ademais da visita aos municipios para contemplar os decorados e luces que adornas as rúas, existen diversas opcións culturais dentro das programacións para estas festividades. A continuación, detallaranse varias propostas de ocio para esta fin de semana.

Venres 13 de decembro

Esta tarde novos postos presentarán os seus produtos no Mercado de Nadal de Tui, no Paseo da Corredoira, que inicia hoxe a segunda quenda desta actividade. Ademais, a gastronomía segue a estar presente con Churrería chocolatería Patry, con Arte das Meigas, o furgón París Dakar Food truck e venda de castañas asadas. Este venres, 13 de decembro, abrirá a partir das 17.00 até ás 21.00 horas.

Este venres, a partir das 17.00 horas, terá lugar o acendido do alumeado de Nadal na Praza do Lourdes en Mondariz-Balneario. Será unha tarde chea de maxia e diversión na que haberá diversas actividades cun fin de festa coa «Duendeneta», unha disco móbil. Así mesmo, organízase unha recollida solidaria de xoguetes novos ou en bo estado e poderase disfrutar dunha chocolatada.

Ponteareas inagura o mercado de Nadal na nave de Aceros del Tea desde este venres, 13 de decembro. Este espazo dinamizará a oferta comercial da vila con postos de artesanía, comida, bebidas, bisutería, complementos e xoiaría, entre outras moitas propostas entre as que atopar o agasallo ideal.

Ademais, para encher de vida o espazo Mercatea no seu inicio, haberá unha cata de viño gratuíta. Tamén, antes desta actividade, o público poderá desfrutar do concerto de violín e piano con Icíar e Sherguei Maximov.

Salceda de Caselas acollerá un Mercado de Nadal a partir de hoxe, onde os presentes poderán realizar as compras para estas datas tan sinaladas na Praza do Concello. Haberá postos con artesanía, doces caseiros, chocolates, plantas, produtos da colmea e acuarelas. Este mercado abrirá as súas portas de 16.30 a 21.00 horas.

Sábado 14 de decembro

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 14 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Mondariz-Balneario co espectáculo de teatro “Neura, unha comedia neurótico-festiva”, da compañía De Ste Xeito Producións.

Así mesmo, o espectáculo está pensado para público a partir dos 12 anos e representarase ás 20.00 horas na Sala de cultura.

Por outra banda, dentro da programación do Nadal, este sábado, 14 de decembro, na Casa Cultura de Salvaterra de Miño estará presente a actuación do contacontos “O Censor de Monstros”. Será nun horario a partir das 18.00 horas.

Dentro da programación de Nadal de Ponteareas, os nenos poderán disfrutar do espectáculo «El mundo de los muñecos» o sábado, 14 de decembro, no Auditorio Reveriano Soutullo. Así mesmo, este evento será a partir das 17.00 horas.

O Mercado de Nadal de Salceda de Caselas abrirá este o sábado 14 de 11.00 a 21.00 horas. Ademais, nesta xornada a Rondalla de Atíos ofrecerá un desfile polas rúas do Concello ás 16.00 horas e unha actuación ás 16.30 horas.

Domingo 15 de decembro

Ponteareas dentro da súa programación de Nadal organiza diversas actividades neste domingo, 15 de decembro. Para toda a familia, ás 11:00 horas, será o festival de baile da ANPA Loureiro no auditorio municipal. Ademais, ás 18:00 horas na Nave de Aceiros do Tea recital poético e musical “A lingua somos todos” con Emilio Rúa e X. C. Caneiro. Tamén ás 18:30 a Rondalla de Chain comezará a súa actuación na praza Maior e no complexo deportivo Álvaro Pino celebrarase o festival de patinaxe do CPA Tea.

A música encherá este domingo as rúas de Tui de maxia da man da Rondalla Santa Eulalia de Atios. A actuación comezará ás 18.30 horas dende a rúa Lugo para percorrer a rúa Betanzos. Ademais, achegarse até a Glorieta de Vigo, continuará polo paseo da Corredoira e rematarán na praza de San Fernando.

O Mercado de Nadal de Salceda de Caselas estará dispoñible este 15 de decembro de 11.00 a 21.00 horas. Ademais, ás 13.00 horas será o turno da actuación da SDS (grupo de alumnos da Escola de Música de Salceda). Tamén nesta data, o municipio acollerá ás 18.00 horas no Auditorio Municipal o Festival de Panxoliñas. Será coa Coral Polifónica de Entenza, Coral Polifónica A Forna de Budiño e Coral Polifónica Sta. María de Salceda.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS