O frío continuará reinando en Galicia, cando menos, ata o próximo luns. Segundo as previsións de Meteogalicia, a comunidade queda este xoves cun réxime de ventos do sueste asociados ás baixas presións que se situarán no golfo de Cádiz. Así, agárdase unha xornada de ceos con intervalos de nubes e claros, con máis nubes no sueste. As temperaturas non experimentarán cambios significativos e o vento soprará do sueste, frouxo en xeral, moderado no litoral atlántico.
Deste xeito, as temperaturas mínimas situranse nun grao baixo cero no caso de Lugo e nos 3 graos en Ourense e Pontevedra. En Ferrol, serán 4 graos de mínima e 5, na Coruña. Pola súa banda, as máximas non superarán os 15 graos, que se rexistrarán este xoves na cidade de Vigo.
As temperaturas extremas rexistráronse en localidaes como a de Calvos de Randín, na provincia de Ourense, e en Lalín, na provincia de Pontevedra. No primeiro deles, o mercurio situouse nos 6,6 graos baixo cero e no segundo, nos -4.
O mercurio continuará por baixo dos cero graos en Calvos de Randín ata, cando menos, o sábado 14 de decembro e, en Lalín, as mínimas ascenderán ata os 5 graos.
Inicio da fin da semana
En Galicia, durante o venres agárdase unha situación con certa inestabilidade atmosférica por aire frío en capas altas, que dará lugar a ceos con intervalos de nubes e claros, con chuvascos ocasionais, máis probables na segunda metade do día e ocasionalmente treboentos, segundo Meteogalicia. A cota de neve baixará ata os 1000 metros e as temperaturas mínimas non experimentarán cambioss, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sur-sueste, frouxos en xeral.
Xa o sábado, a comunidade quedará progresivamente durante o sábado baixo influencia anticicllónica, con circulación do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos nubrados, sen descartar algún chuvasco ocasional. As temperaturas non experimentarán cambios ou lixeiros ascensos, tal e como indican desde Meteogalicia. Os ventos soprarán do nordés, frouxos en xeral, con intervalos de moderado no extremo norte.