jueves, diciembre 12, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoSolidariedade e música únense nun concerto de Nadal en Tui

Solidariedade e música únense nun concerto de Nadal en Tui

A maxia continúa neste Nadal en Tui con solidariedade e música, que se unirán no concerto de Nadal do Conservatorio Profesional/Elemental e a Escola de Música Municipal de Tui. Será mañá mércores, 11 de decembro, ás 20.00 horas no Teatro Municipal. Un ano máis este centro de ensinanzas musicais aposta por organizar un evento solidario no que colaboran con SOS Tomiño Baixo Miño. Así a entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros destinados a esta asociación, que poderán ser entregados dende as 18.00 horas na entrada do teatro.

No concerto interpretarán un variado repertorio no que figuran dende composicións de música clásica, jazz, tradicional galega e panxoliñas. Actuarán por solistas, tríos, así coma a Banda do Conservatorio, a Big Band tanto do grao elemental coma do grao profesional. Pechará o concerto a Orquestra de Cordas e o coro de Grao Elemental e do Profesional interpretando un popurrí de panxoliñas de Marcos Valcárcel.

Dentro da programación de Nadal serán máis de cinco horas de música as que ofreza o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música. Sera tanto neste concerto no Teatro Municipal, coma a próxima semana no novo edificio da rúa Camilo José Cela. Nestes eventos musicais plasmaran todo o traballo que ao longo do curso se realiza nestes centros de estudos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS