A maxia do Nadal xa se sinte en cada recuncho do Porriño con propostas para pequenos e maiores. Dentro da programación preparada polo Concello para estas festas atópase o «Obradoiro infantil de galletas» que fará as delicias da cativada. Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, o obradoiro desenvolverase na zona infantil da Praza de Abastos Municipal.
Este evento infantil contará con varias datas, correspondentes aos días 23, 26 e 30 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro. Os máis pequenos terán a oportunidade de elaborar as súas propias galletas, decoralas e, por suposto, saborealas! As quendas levaranse a cabo de 11.00 a 12.30 horas e organizaranse en grupos de 12 nenos, asegurando así unha atención persoalizada e un ambiente divertido. Esta actividade impulsouse de novo tras o éxito de edicións anteriores, nas que os pequenos convertíronse en auténticos chefs reposteiros.
Para participar, os interesados deben enviar un correo a rexistro@oporrino.org co nome do neno ou nena e os datos do titor ou titora. Desde o Concello do Porriño convidan a cativada a vivir unha experiencia inesquecible chea de creatividade, amigos e deliciosas galletas para compartir.