Récord de asistencia. Así califica a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira a primeira fin de semana na que os máis de medio cento de postos recibiron a numerosos visitantes dentro do mercado de Nadal de Vilanova de Cerveira, en Portugal. De feito, a administración local indica que «registró una afluencia récord para un evento de este tipo, elevando las expectativas».
O Mercado de Nadal conta con 55 postos nos que as persoas que se acheguen ata a vila portuguesa poderán adquirir agasallor orixinais, beber chocolate quente ou degustar doces típicos da época, entre outras cuestións.
Ademais, a edición deste 2024 trae consigo unha novidade. Trátase dos paseos en carruaxe que, tal e como indican desde a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, «combinan o romanticismo da experiencai coa maxia do Nadal».
Programación completa do Nadal en Vilanova de Cerveira: