jueves, diciembre 12, 2024
InicioNewsComarcasMos trata unha nova mellora da Relación de Postos de Traballo

Mos trata unha nova mellora da Relación de Postos de Traballo

Esta mañá celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a mesa de negociación cos sindicatos que contan con representación na administración local mosense. Estes son CSIF, CIG e CCOO e na reunión participaron, ademáis dos representantes de cada un deles, a alcaldesa, Nidia Arévalo e o concelleiro de Persoal, Leo Costas. Tamén estiveron presentes o secretario municipal, Carlos Piñeiro, e a técnico de Persoal, Tatiana Iglesias.

Durante a xuntanza procedeuse á negociación da Oferta de Emprego Público, sobre a que se tratou a súa futura publicación. Ademais, abordouse tamén unha modificación puntual da RPT (Relación de Postos de Traballo) municipal.

Para continuar afondando neste segundo punto fixouse xa unha nova reunión, a celebrar o vindeiro día 17 de decembro. Durante esta próxima xuntanza, segundo informaron os representantes municipais Arévalo e Costas, “comezarase xa a traballar no documento, tendo en conta tanto as aportacións dos sindicatos como as indicacións técnicas propias do departamento municipal de Persoal”.

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, declarou a este respecto estar “orgullosa de rematar así este ano 2024, tratando a mellora da RPT, xa que este documento é fundamental para a administración local e esta revisión optimizará o seu funcionamento”. Iníciase así o traballo necesario para a redacción deste novo documento actualizado e mellorado. Así mesmo, implicará labores de optimización que cómpre realizar, xa que o documento anterior ten xa unha vixencia de seis anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS