jueves, diciembre 12, 2024
InicioNewsComarcasMondariz-Balneario énchese de "Neura" esta fin de semana

Mondariz-Balneario énchese de «Neura» esta fin de semana

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 14 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Mondariz-Balneario co espectáculo de teatro “Neura, unha comedia neurótico-festiva”, da compañía De Ste Xeito Producións. A función enmárcanse no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025, cun orzamento de 150.000 euros, segundo indican desde a onte provincial.

En Mondariz-Balneario, representarase “Neura, unha comedia neurótico-festiva”, unha comedia que aborda a saúde mental. Os protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Algunhas intentan agochalas, outras exhíbenas orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas. Edu e Sonia viviron no pasado unha historia de amor e desamor que rematou por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos nin amantes, senón ex, de quen saben ata o seu grupo sanguíneo pero actúan como perfectos descoñecidos. Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias e teñen que poñer a proba de novo a compatibilidade das súas neuras.

O espectáculo está pensado para público a partir dos 12 anos e representarase ás 20:00 horas na Sala de cultura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS