viernes, diciembre 20, 2024
InicioNewsActualidadeRibadavia proclámase gañadora como 'Pueblo Ferrero Rocher 2024'

Ribadavia proclámase gañadora como ‘Pueblo Ferrero Rocher 2024’

O municipio ourensán de Ribadavia vén de proclamarse como o gañador da undécima edición do concurso anual de iluminación de Ferrero Rocher «Juntos Brillamos Más«, conseguindo así o título de ‘Pueblo Ferrero Rocher 2024‘. Deste xeito, esta localidade recibirá a iluminación por completo o próximo 18 de decembro.

O premio que ofrece a marca por gañar o concurso é a iluminación «especial» con luces de Nadal das rúas e prazas do municipio para «facer brillar aínda máis o concello».

Tras postularse en semifinais o pasado 17 de novembro e pasar á final o 28 do mesmo mes xunto ao municipio de Biar, o concello galego obtivo finalmente a maior parte dos votos para convertirse na vila gañadora desta edición. A organización apunta que «grazas aos vosos votos, Ribadavia convértese no pobo máis votado desta edición Juntos Brillamos Más Ferrero Rocher».

A iluminación será inaugurada o próximo mércores 18 de decembro nun acto que, ano tras ano, congrega a milleiros de espectadores e espectadoras así como de persoas que se desprazan ata o municipio gañador, neste caso Ribadavia, para comprobar a espectaculariedade dos adornos.

Así foi a iluminación no municipio que resultou gañador na edición do 2023, La Alberca

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS