domingo, diciembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas executa a primeira fase das obras do complexo deportivo Álvaro Pino

Ponteareas executa a primeira fase das obras do complexo deportivo Álvaro Pino

O Concello de Ponteareas finaliza a primeira fase das obras de mantemento e conservación do pavillón máis antigo do complexo deportivo Álvaro Pino. Nesta instalación adestran o club de hóckey, o de baloncesto, o de fútbol sala e o de patinaxe, entre outras modalidades deportivas.

O concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez, explica que se investiron 48.397,58 euros con fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra. Estiveron destinados ás obras de mantemento e conservación desta infraestrutura deportiva indispensable para a práctica do deporte base. A alcaldesa, Nava Castro, adianta que o apoio ao deporte base será unha das prioridades do goberno.

Entre as obras realizadas están o acoitelado mecánico e aplicación de imprimación e vernizado da pista de madeira e o pintado das liñas de xogo. Tamén a reparación e pintado do solo en corredores perimetrais á pista e a reparación de mecanismos de peche e fixacións. Así mesmo, levouse a cabo a reparación dos valados, pintado de esmalte e substitución de redes de cabeceira, automatismo de canastras e pintados exteriores.

Esta infraestrutura acolle a organización de múltiples partidos e torneos que se celebran ao longo de todo o ano. “No complexo deportivo Álvaro Pino dispomos de dous pavillóns, unha piscina e as pistas de padel. Este ofrece un servizo indispensable para a cidadanía, en especial, para a infancia e a mocidade ademais de ser unha tarxeta de presentación da nosa vila ao que acuden clubs de outras vilas para diferentes competicións”, explica o concelleiro.

Continuación das melloras nas instalacións deportivas

O concelleiro adianta que se seguirán executando melloras nas distintas infraestruturas deportivas municipais. Así mesmo, no ano 2025 executaranse as obras do campo de fútbol do San Mateo e cambiaranse os cabeceiros da piscina municipal. Tamén fomentarase a práctica deportiva con actividades organizadas para percorrer e coñecer as novas sendas circulares, ademais reubicarase a pista de voleibol.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS