A comunidade de Montes de Pereiras reuniuse en asemblea xeral ordinaria para tratar diversos asuntos relevantes. Entre estes, aprobaron unha nova intervención arqueolóxica no Castro de Pereiras, que será financiada integramente pola asociación. Con esta actuación preténdese facer unha excavación en planta para deixar ao descuberto a maior parte da «Domus Romana», unha construción que apareceu na última intervención. Así mesmo, o obxectivo desta nova campaña é que esté lista para a súa futura consolidación.
«Parabéns e gracias os comuneiros e veciños da parroquia de San Miguel de Pereiras por invertir en arqueoloxía e patrimonio«, afirmaba o secretario da comunidade de Montes de Pereiras, Antonio Gómez. Esta figura da asociación tamén asegurou que «en breve voltamos a excavar este fantástico xacemento no Concello de Mos».
A «Domus Romana» do Castro de Pereiras
A «Domus Romana» está formada por un mínimo de 200 metros cadrados e catro habitáculos, según as últimas conclusións. Isto ocupa un espazo bastante representativo dentro das dúas hectáreas do poboado castrexo. Ademais, na zona existen restos de edificios cuadrangulares e preséntanse a maiores elementos urbanísticos avanzados como construcións en alturas e unha rúa. Estas características implican unha construción complexa, “non son casas circulares colocadas caoticamente. Existe unha planificación seguramente relacionada cos últimos momentos de ocupación”, afirma Mario Pereiro, arqueólogo director.
O edificio tamén presentaba rasgos moi interesante a nivel construtivo. Debido a estas características, xa na última intervención existía a intención de definir o resto do espazo para desenvolver un proceso de patrimonialización, como se realizou na parte superior do Castro. Por tanto, con esta nova actuación busca continuar con esa finalidade de consolidar o espazo para permitir a súa visita e coñecemento das persoas.
Intervencións arqueolóxicas desde 2021
O Castro de Pereiras, situado en Mos, transcorreu por cinco escavacións arqueolóxicas desde o 2021, sendo dos poucos sitios deste territorio que se escavou secuencial e progresivamente nas últimas décadas. Nas tres primeiras campañas escaváronse diferentes puntos da zona superior do poblado castrexo, que actualmente están dispoñibles para a súa visita. Presentan dous edificios do momento final de abandono do Castro de Pereiras, cunha data aproximada do cambio de era, hai 2.000 anos. Esta zona está consolidada e contén un panel explicativo, logrado a través da colaboración do Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra.
Neste 2024 realizouse a cuarta e quinta intervención arqueolóxica, ademais da recente aprobación por parte da comunidade de Montes de Pereira de desenvolver unha sexta campaña. Na cuarta intervención, financiada pola Consellería de Cultura, realizáronse tres sondaxes en puntos da superficie que non foran estudiados. Os resultados obtidos foron tan interesantes a nivel de estrutura que se tomou a decisión de continuar traballando nestas construcións. O poboado presentaba nesta zona un edificio impropio da época e a cultura galaica, a «Domus Romana».