domingo, diciembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA produción de viños espumosos da D.O Rías Baixas supera os 110.000...

A produción de viños espumosos da D.O Rías Baixas supera os 110.000 litros

Salvaterra de Miño vén de celebrar, durante esta fin de semana, unha nova edición da Festa do Viño Espumoso na que once adegas puxeron en valor un dos seus produtos estrela, o espumoso. Ata alí desprazouse a conselleira de Medio Rural, María José Goméz, quen salientou o traballo da D.O Rías Baixas en canto a este tipo de caldo posto que «pasou nos seus inicios, hai máis de dez anos, de seis adegas e 18.000 litros ata as 22 bodegas actuais e máis de 110.000 litros«.

Neste contexto, a conselleira tamén resaltou «os bos resultados obtidos pola D.O Rías Baixas na vendima deste ano, con maís de 42 millóns de quilos de uva de gran calidade que supuxeron o 57% dos recollidos no conxunto de Galicia, que foron 74 millóns».

Novos confrades

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe no nomeamento dos novos confrades da Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, no marco da X Festa do Viño Espumoso da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Na súa intervención, a conselleira do Medio Rural trasladou os seus parabéns aos novos confrades nomeados e recoñeceu o labor de promoción que realiza a Confraría dos Viños do Condado de Tea e Espumosos. Deste xeito, quixo resaltar o traballo dos máis de 1.500 viticultores da subzona do Condado dentro da DO Rías Baixas, sendo a segunda con maior volume de uva recollida.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS