O Concello de Nigrán e a Asociación de Celíacos de Galicia, ACEGA, volven a unrise para ofrecer o sábado 14 de decembro un obradoiro de cociña sen glute, dirixido, prioritariamente, á rapazada coa doenza de entre 6 e 12 anos empadroada no municipio do Val Miñor.
Este obradoiro, encadrado na programación de Nadal do Concello, terá lguar de 11:00 horas ata as 14:00 horas no CEE de Panxón e é preciso inscribirse previamente nun formulario web.
As persoas que desexen obter máis información poden consultala no número de teléfono 679 461 003 ou na dirección de correo electrónico info@celiacosgalicia.es.