miércoles, diciembre 18, 2024
InicioNewsActualidadeVolven as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte...

Volven as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

As visitas guiadas ao Castro de Santa Tegra volven os días 6, 7 e 8 de decembro co fin de dar a coñecer aos visitantes un dos exemplos mellor conservados da Cultura Castrexa.

As visitas realizaranse este vernes, sábado e domingo ás 12:00h e terán unha duración de 45 minutos. A visita está centrada no valor arqueolóxico da zona escavada do Castro de Santa Tegra, cun percorrido de menos dun quilómetro que inclúe o Barrio Mergelina e finaliza nas vivendas recontruídas.

Non é preciso inscribirse previamente, tan só hai que presentarse uns minutos antes do comezo da visita no aparcadoiro da Casa Forestal, que se atopa a uns metros despois de cruzar o Castro.

A visita é gratuíta, mais aqueles visitantes que se acheguen en coche deberán abonar a taxa de acceso ao monte.

Ademais, con motivo do Ponte da Constitución, a Rede de Museos da Guarda ampliará o seu horario:

  • MASAT (Museo Arqueolóxico). De venres ao domingo de 10:00h a 19:00h
  • Museo do Mar. De venres a domingo de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h
  • Castelo de Santa Cruz. Espazo público aberto todos os días de 10:00h a 18:00h

Ademais, a Oficina Municipal de Turismo contará tamén cun horario ampliado e estará aberta de venres a domingo de 10:00h a 14:00h.

«Estas visitas guiadas son un complemento perfecto visitando o Monte Santa Trega,
recorrendo noso territorio a través das rutas de sendeirismo, desfrutando da natureza
no Esteiro do Miño, descubrindo a vida mariñeira no porto e no Museo del Mar» aseguran dende o goberno local.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS