jueves, diciembre 19, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui experimenta un forte crecemento turístico do 78% en novembro

Tui experimenta un forte crecemento turístico do 78% en novembro

A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou un notable aumento na afluencia de visitantes durante o pasado mes de novembro coa atención a un total de 1.166 persoas. Esta cifra que supón un incremento do 78% respecto ao mesmo mes do ano 2023, cando se contabilizaron 652 visitantes.

Este crecemento demostra o éxito da desestacionalización do turismo na localidade. Segundo a concelleira de Turismo, Ana María Núñez Álvarez, «estes datos reflicten como o turismo en Tui está superando as barreiras da temporada alta tradicional, ampliándose aos meses considerados de menor afluencia. Esta dinámica contribúe a unha maior actividade económica no sector turístico local ao longo de todo o ano». A edil destacou ademais o compromiso municipal para reforzar a promoción turística e consolidar esta tendencia a longo prazo.

Con estas cifras, Tui reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible do turismo, contribuíndo non só á dinamización económica local, senón tamén á promoción da riqueza patrimonial e natural da vila. «Seguiremos traballando para que Tui sexa un destino turístico referente, accesible e atractivo durante todo o ano», concluíu a concelleira de Turismo, Ana Núñez.

Análise dos datos turísticos de novembro en Tui

A análise dos datos amosa unha ampla diversidade na procedencia dos visitantes. Así os 803 turistas nacionais, que en novembro pasaron pola Oficina Municipal de Turismo, procedían principalmente da Coruña (86), Madrid (85) e Pontevedra (85). Tamén destacan ubicacións como León (66), Barcelona (62), Guadalaxara (56) e Xaén (48). Mentres os 146 turistas estranxeiros que realizaron consultas neste punto de información eran do Reino Unido (49), Portugal (41), Brasil (13), Francia (9), Venezuela (7), Arxentina (5) e Estados Unidos (2).

Ademais, a Oficina atendeu a 217 peregrinos que estaban a realizar o Camiño Portugués. 92 eran españois e 125 internacionais. Entre os españois, os máis numerosos procederon de Murcia (51), mentres que os peregrinos internacionais chegaron principalmente de Portugal (46), Estados Unidos (16) e Alemaña (11).

O posicionamento de Tui como un destino estratéxico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal tamén quedou reforzado, sendo este territorio o principal foco de orixe dos visitantes. Esta tendencia confirma a capacidade de atracción de Tui como destino cultural, histórico e gastronómico na área transfronteiriza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS