Hoxe no Pazo de Mos, desde a concellería de Política Social mosense, organizouse un homenaxe ao voluntariado de Mos coincidindo co Día Internacional das Persoas Voluntarias. Durante este acto fíxose tamén unha mención especial aos seis voluntarios que acudiron desprazados a Valencia en apoio pola Dana. Cinco destes voluntarios pertencen ao GES e Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Mos e un á Policía Local de Mos.
Ademais, tratouse dun acto de gratitude á gran rede, á cadea humana de voluntarios ao servizo da cidadanía que suman en Mos un total de 79 persoas. Unha elevada cifra pola que, segundo declarou a rexedora local, Nidia Arévalo, “Mos é un Concello afortunado”.
No acto de recoñecemento ao voluntariado mosense estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o primeiro tenente de alcaldesa, Camilo Grandal. Tamén participou a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e o segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Emerxencias, Leo Costas. A edil de Emprego, Educación e Participación Cidadá, Julia Loureiro; e os concelleiros do goberno local, Laura Méndez e Evaristo Ucha, tamén acudiron.
De estas case 80 persoas, 12 pertencen á asociación Mos Axuda, que naceu en 2015 e presta axuda a 80 familias mosenses beneficiarias. Ademais, seis son do Voluntariado Xuvenil, outros seis do Senior e 12 do Interxeracional. No Voluntariado Dixital estarían tres persoas para a loita contra a fenda dixital a través da Fundación Esplai e 13 son do Servizo Municipal de Emerxencias e GES de Mos. Por último, 26 serían da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, que cumpriu 30 anos de historia.
Mención especial ao voluntariado en axuda aos afectados pola Dana
Durante o homenaxe e en representación dos trasladados a Valencia, falou o GES Carlos Costas Rodríguez, quen contou a experiencia alí vivida. No tocante á axuda a Valencia, lembrouse hoxe que Mos é un pobo solidario. O municipio enviou aos afectados pola Dana tres trailers de axuda con alimentos, roupa e produtos de primeira necesidade. Tamén 11 xeneradores de electricidade que seguen prestando servizo e 34 aparatos microondas novos.
Por elo Arévalo, alcaldesa de Mos, quíxolle dar as “grazas tanto aos colaboradores particulares, como ás asociacións, empresas, e a AEMOS, que o fixeron posible”. A rexedora mosense rematou asegurando que “Mos é un pobo entregado, solidario e sensible no que sempre hai unha man tendida para axudar a quen o necesita. A rede de colaboración veciñal é exemplar porque somos boa xente, somos Mos!”.