jueves, diciembre 19, 2024
InicioNewsA D.O Rías Baixas exporta máis de 10 millóns de botellas a...

A D.O Rías Baixas exporta máis de 10 millóns de botellas a 80 países diferentes

A Denominación de Orixe Rías Baixas exportou, na tempada do 2023-2024, máis de 10 millóns de botella de viño a 80 países diferentes. Estas cifras supoñen que as vendas medren nun 4,36% ata alcanzar os 62.270.844 euros e un total de 7.843.235 litros que chegaron, sobre todo, a América. Así o reflicte o informe que vén de facer público a D.O no que apunta que «cada vez se paga máis polos viños de rías Baixas no mercado internacional» e que «as exportacións representan o 30% do total das vendas».

Nexte contexto internacional, «onde o consumidor está disposto a pagar un pouco máis para desfrutar da calidade destes viños atlánticos», tal e como indican desde a Denominación de Orixe, o prezo medio de saída das adegas dos caldos sitúase nos 7,94 euros por litro, o que supón un aumento do 8,46% con respecto á campaña anterior.

América

A maior parte das 10.457.646 botellas vendidas, repártense, sobre todo, en Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, Suecia, República Dominicana, Países Baixos (Holanda), Alemaña e Canadá. A área xeográfica con maior peso na importación de viños de Rías Baixas é América, cun 56,18% do volume total e un porcentaxe de crecemento do 10,59% nesta última campaña. Séguelle a Unión Europea, co 35,11% das vendas. Dúas áreas que concentran o 91,30 % do total do volume das vendas das adegas acollidas na DO Rías Baixas.

Na campaña do 2023 e 2024, a D.O exportou un total de 115 adegas da denominación. Destas, 88 xa venden en Estados Unidos e 77 no Reino Unido. Segundo explican, cómpre destacar as 58 que están presentes no mercado irlandés e as 35 no porto-riqueño.

O Consello Regulador explica que «dentro do seu labor de apoio á venda internacional, inviste 1,1 millóns de euros para fomentar a presenza nos mercados de exportación, desenvolvendo diferentes plans promocionais en: Estados Unidos, Reino Unido, Irlanda, Porto Rico, México, República Dominicana, Países Baixos, Alemaña, Canadá, Bélxica, Colombia, Xapón, Corea do Sur, China e Suíza».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS