jueves, diciembre 5, 2024
InicioO PaísA CoruñaVolve o Bono Activa Comercio a Galicia no mes de decembro

Volve o Bono Activa Comercio a Galicia no mes de decembro

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar que a Xunta volverá a activar unha nova edición do Bono Activa Comercio no mes de decembro.

Así o fixo constar durante a sesión de control do Parlamento Galego, na que informou que «serán 2,5 millóns de euros que se engadirán á campaña realizada o pasado mes de novembro».

O presidente autonómico informou durante a sesión de control que o bono poríase en marcha nesta ponte de decembro. Finalmente, segundo indica oficialmente a Xunta de Galicia, os bonos poderán ser empregados a partir do luns día 9 de decembro.

O obxectivo, segundo se informou, é «mover a pequena economía galega, principalmente dos autónomos, e que a xente que descargou o bono e non o puido empregar, que o empregue».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS