jueves, diciembre 5, 2024
InicioNewsActualidadeDesvelado o cartel para o SonRías Baixas 2025

Desvelado o cartel para o SonRías Baixas 2025

O festival pontevedrés SonRías Baixas vén de publicar o cartel para a edición de 2025 con Dani Fernández, Judeline, Sen Senra e Carolina Durante como cabezas de cartel. O evento celebrarase no municipio de Bueu os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025.

A organización confirmou este mércores os 24 artistas e grupos que conforman o cartel da próxima edición, entre os que se atopan Niña Polaca, Nena Daconte, Cariño ou Carlos Ares, entre outros e os anteriormente mencionados.

Os organizadores destacaron na presentación que o obxectivo é «ofrecer un cartel no que as mulleres xoguen un papel determinante«, sendo así, pois «máis da metade das bandas están constituídas parcial ou integramente por mulleres».

Os abonos sairán á venda o próximo luns 9 de decembro ás 12:00h a un prezo de saída de 54,90 euros. As entradas poderán adquirise na páxina web do festival sonriasbaixas.info ou en Enterticket.

A maiores, tamén haberá a posibilidade de adquirir a acampada para os tres días e precargar de forma anticipada a pulseira que permite o pago dentro do recinto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS