O Concello das Neves denuncia unha serie de actos vandálicos no municipio que califica como «unha situación inaceptable». E é que, segundo se pode comprobar nas imaxes que a administración logal publicou nas redes sociais, apareceron na localidade un contedor do lixo calcinado e varios desperfectos nunha parada de autobús.
Neste contexto, o goberno muncipal denuncia «os actos vandálicos que nos últimos días teñen afectado ao noso concello» e que «estes feitos non só causan danos materiais senón que tamén prexudican a convivencia e o benestar da comunidade».
Inciden en que «As Neves non merece este tipo de comportamentos» porque, tal e como apuntan, «somos un concello que aposta polo respecto, pola colaboración e polo coidado dos nosos espazos públicos, que son de todas e de todos». A administración local lembra que «estes actos teñen consecuencias legais e estaremos vixiantes para garantir que se poña fin a esta situación».
Finalmente, realizan un chamamento aos veciños e as veciñas para que denuncian calquera comportamento incívico e «traballar xuntas e xuntos polo ben común».