O Sindicato Labrego Galega alerta sobre a escasa colleita de faba en Galicia. Nun comunicado, indican que «comezamos decembro con malas novas para as produtoras e os produtores de faba, xa que van rematar o ano con perdas de máis do 80% da colleita«. E é que, segundo explican, o problema que detectan son as enfermidades do cultivo «polas chuvias constantes todo o verán».
Neste contexto, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, Isabel Vilalba Seivane, apunta que «na zona da Mariña, non houbo 3 días seguidos sen que non chovera» polo que «a humidade e a calor axuda a que proliferen moitas enfermidades, isto fai que os fundos afecten nun cultivo como a faba».
Desde o Sindicato, alertan que existe unha «situación xeneralizada onde a maioría da productores e dos produtores de faba teñen menos do 20% da colleita que terían outros anos, é dicir, que se perdeu máis do 80% da colleita». Así, solicitan unha xuntanza coa Consellería de Medio Rural para demandar un plan de apoio ás persoas produtors de faba con axudas específicas. Reclaman, tamén, «un proxecto de investigación para axudar a combater as enfermidades do seu cultivo».
Vilalba sinala que «aínda que se chaman fabas da Lourenzá trátase dunha produción que engloba o territorio da Mariña, de feito estímase que se produce na Galiza o 30% de toda a leguminosa que hai no estado español, e a maioría incluso está na Mariña”. A zona de produción, almacenamento e envasado da faba abarca o territorio da Mariña Luguesa -A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental-, que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. No mercado de Lourenzá véndense arredor de 600.000 kg anuais de faba.