miércoles, diciembre 4, 2024
InicioNewsComarcasVigo comeza as obras de construcción do primeiro cemiterio ecolóxico en Pereiró

Vigo comeza as obras de construcción do primeiro cemiterio ecolóxico en Pereiró

O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, anunciou o inicio, este martes, das obras de construción do cemiterio ecolóxico en Pereiró. Cun investimento de 136.517 euros, o proxecto articúlase ao redor de tres espazos. Esto son, unha área de cerimonia para as despedidas e outras dúas destinadas ao enterramento das urnas ecolóxicas-biodegradables ao pé de arbustos de buxo e para esparexer de forma controlada as cinzas.

Deste xeito, o rexedor explicou que Pereiró contará en 2025 cun cemiterio-xardín. Estará integrado por unha zona de cerimonia prevista para a participación nas despedidas dos seus seres queridos de grupos de 20 a 30 persoas. Ao seu lado situarase un espazo deseñado para esparexer ou depositar as cinzas, cuberta con áridos e un sistema de rega que falicita a filtración e a absorción das cinzas polo espazo da vexetación. A estas dúas súmanse outra gran área con numerosos arbustos de buxo para enterrar aos seus pés as urnas biodegradables.

“Estamos a construír unha nova forma de despedir ás persoas que queremos, ás nosas xentes, a través dun modo ambiental, ecolóxico e con respecto aos que se nos van”, afirmou Abel Caballero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS