A ONG Save The Children ven de publicar o seu informe ‘O custo da crianza en España 2024′ onde se afirma que o custo de criar a un fillo ou filla subiu aos 758 euros ao mes, un 13% máis que no 2022, cando estaba estipulado en 654 euros. Esta subida vén dada a causa do incremento dos gastos nos fogares, principalmente en vivenda e alimentación.
Unha de cada dúas familias con fillos debe destinar máis da metade da súa renda a gastos relacionados coa vivenda, a educación, os alimentos, a saúde ou o lecer, entre outros, mentres aumenta un 70 % o risco de pobreza nos fogares con menores, segundo asegura o informe.
Ademais, a memoria tamén desglosa os gastos segundo a idade do neno ou nena, mostrando así que os custes máis elevados son na adolescencia, cando os gastos en alimentación e vivendan aumentan.
En canto a diferencias rexionais, Cataluña é a comunidade máis cara para a crianza, cun custo medio de 938 euros mensuais e pola súa contra, a máis barata é Andalucía, con 722 euros ao mes.