miércoles, diciembre 4, 2024
InicioNewsComarcasO Castelo de Soutomaior triunfa coas visitas teatralizadas de Nadal

O Castelo de Soutomaior triunfa coas visitas teatralizadas de Nadal

A Deputación de Pontevedra esgotou esta fin de semana as entradas para desfrutar das visitas teatralizadas de Nadal ao Castelo de Soutomaior. A actividade terá lugar os días 6, 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro con tres pases diarios ás 12:00, 16:00 e 17:30 horas e 30 persoas en cada un deles.

A través das visitas teatralizadas, a institución provincial pretende achegar a historia do castelo dun xeito divertido e diferente. Neste eido, a Raíña de Corazóns desterrou o Nadal do Castelo de Soutomaior e, con elo, a alegría, a luz e a voz de Branca. Durante a actividade, a axuda dos participantes será indispensable para conseguir que Branca volva cantar e que o Nadal brille de novo.

A actividade forma parte da programación do Nadal do Castelo, que inclúe outras actividades como o videomapping na Torre da Homenaxe, do que se poderá desfrutar a partir do 21 de decembro, desde as 19:00 ás 20:30 horas, de maneira continuada cada media hora, ou os contacontos “Un ratiño na cidade” e “Unha carta para os Reis Magos”, para os que aínda hai prazas dispoñibles en www.castelodesoutomaior.com

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS