miércoles, diciembre 4, 2024
InicioNewsComarcasLuz verde á declaración de Baiona como área rexurbe co obxectivo de...

Luz verde á declaración de Baiona como área rexurbe co obxectivo de dinamizar o conxunto histórico

O Consello da Xunta vén de darlle luz verde á declaración da novena área de rexeneración urbana de interese autonómico de Galicia, coñecida como Área Rexurbe, co obxectivo de dinamizar e revitalizar o seu conxunto histórico artístico e a súa contorna. A proposta aprobada hoxe abrangue unha superficie de 160.000 m2 , con 456 edificios, 797 vivendas e 241 locais comerciais, e que é coincidente coa área continua do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico referente da vila do municipio pontevedrés.

«O obxectivo desta declaración por parte do Goberno galego é facilitar a mellora das condicións de vida dos veciños de Baiona e contribuír á posta en valor do seu conxunto histórico artístico», tal e como explican desde a Xunta de Galicia. A administración autonómica apunta que isto «repercute en toda Galicia pola importancia de manter o seu patrimonio edificado con especial protección dos declarados Ben de Interese Cultural (BIC)».

Que é unha Área Rexurbe?

A Área Rexurbe é unha figura creada ao abeiro da Lei de rehabilitación de Galicia en que, ademais da recuperación edificatoria e urbanística, tamén se inclúen medidas de dinamización social, demográfica e económica, polo que a súa aplicación é transversal e implica distintos departamentos administrativos.

As medidas que se van adoptar deberán estar recollidas no plan de dinamización, que redactará o Concello, onde tamén se indicará o custo estimado das actuacións e as fontes de financiamento para levalas a cabo. Para ese fin, conta cun modelo elaborado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, segundo o establecido na devandita lei.

Área de delimitación

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS