O mes de decemebro comeza esta fin de semana e o fai cun programa marcado, en parte, polo Nadal. Con todo, existen máis opcións nas comarcas do Baixo Miño, Condado e Val Miñor para que os veciños e as veciñas poidan desfrutar de teatro, presentacións de libros ou de karaoke, entre outras actividades.
Venres 29 de novembro
Este venres 29 de novembro ás 20:00 horas en Mondariz Balneario realizarase a presentación do libro «Blues de Florida» de José G. Barral na sala da Cultura da Casa do Concello. Ademais, se contará ca intervención de Alberte Reboreda.
No Concello de Arbo terá lugar a inauguración acendido do alumeado de Nadal na Praza do Consistorio. Ademais, contará coa actuación do Grupo Folclórico de Barca de Loimil. O evento comezará ás 19:00h coa actuación do grupo.
Este venres, celébrase a III Foliada de Pereiras na que se poderá asistir a un curso de baile tradicional ás 19:00h. A partir das 20:00h haberá actuacións de grupos tradicionais e para rematar, foliada aberta. A entrada é de balde.
A Cafetería da Casa Cultural de Vilacoba, en Salvaterra de Miño organiza as ‘Noites de Karaoke’ todos os venres a partir das 22:00h.
No Concello de Salceda de Caselas, poderase desfrutar dos petiscos da foodtruck de «Galicia sabe a mar». A furgoneta permanecerá na Praza do Concello de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h. Os petiscos son de balde.
Sábado 30 de novembro
Este sábado proxéctase no Concello das Neves o documental «Chichi e máis eu» de Nico Campos no Auditorio Municipal ás 20:00h. A entrada é gratuíta. O evento está organizado polo Ciclo Mestre Mateo co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello das Neves.
O Concello de Ponteareas organiza a VII Quedada de Iniciación aos Xogos de Mesa, Terá lugar o 30 de novembro ás 17:00h na Cafetería Invernalia.
O IV Festival de Outono chega ao Concello do Porriño. A partir das 18:00 horas no Centro Cultural de Atios pódense realizar varias actividades como o Cinemaldea ou Toma de Terra.
No Concello de Mos, concretamente no Rego das Laxes na parroquia de Cela desenvolverase a actividade Recollida de Basuraleza este sábado ás 10:00h.
Nigrán acollerá unha Master-class de Tai-chi gratuíta para iniciarse á modalidade. Esta actividade realizarase no Pavillón Municipal ás 10:00h.
No Concello de Mondariz, realízase o «Obradoiro: Cociña con plantas silvestres» ás 10:30h na Praza de Abastos. O prazo de inscripciónestá aberto ata o 29 de novembro ou ata esgotar as prazas.
O Concello de Baiona a través da Concellería de Cultura, organiza un taller de pintura infantil destinado para cativos e cativas de 5 a 8 anos. Realizarase no Multiusos de Sabarís a partir das 11:00 horas.
O Concello de Tui pecha a programación do 25N coa a acción performativa «Corazón» da actriz e artista Iría Sobrado. Esta terá lugar ás 12:00 horas no Mercado de San Antonio de Tui.
O ANPA Pequeniños organiza unha Festa Infantil en Salvaterra de Miño no Pavillón de Arentei. Unha xornada na que os máis pequenos e pequenas da casa, poderán desfrutar dende actuacións musicais con ‘Cé orquesta pantasma’ ás 17:00h e animación infantil a partir das 18:00h. Ademais, haberá obradoiroe pintacaras.
Para os socios do ANPA a entrada é de balde, para os non socios o prezo é de 3 euros.
A Asociación Veciñal Cultural «O Val» de San Lourenzo na parroquia de San Lorenzo de Oliveira organiza unha charla chamada «De malas herbas a Botiquín natural». Esta terá lugar na Casa Cultural de San Lorenzo ás 18:00 horas.
A comisión de festas 2025 de Lourido, en Salvaterra de Miño, organiza a Comida de San Andrés ás 14:00h. Haberá música en directo do Dúo Taleicardia. O prezo é de 20 euros, excepto os nenos de 6 a 12 anos que son 10 euros.
No Concello da Guarda, o alumnado do CEIP Plurilingüe As Solanas presentará o seu propio Contacontos que se poderá ver o sábado ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal da Guarda.
No Concello do Tomiño, ás 19:00 horas, concretamente no Pazo de Lira, visualizarase un musical chamado «G Face na casa», un proxecto de Gabriel Fandiño, veciño tomiñés.
No municipio de Tomiño, terá lugar o Concerto Santa Icía ás 19:30h no Auditorio de Goián.
A VII Ruta das Bodegas chega ao Concello de Salceda de Caselas. A saída será ás 20:00 horas no Centro Cultural A Feira de Salceda de Caselas. A entrada é de 20 euros por persoa.
Mondariz Balneario ofrece actividades son variadas con motivo do seu centenario. A oferta de ocio abrangue o sábado 30 e o domingo 1 de decembro. Dende actos institucionais ata concertos da Banda de Música de Mondariz.
Domingo 1 de decembro
O domingo de mañá ás 12:00 horas no Auditorio de Salceda de Caselas o programa Paisaxes Artísticas, Danzas Brancas. Onde haberá conversa, mostra de vestiario, degustación de productos locais ademais de contar con danzas brancas.
No Concello de Mos, celebrarase o Festival Solidario a Favor de Cáritas ás 17:00 horas no Multiusos das Pozas, Mos. O prezo son 5 euros para os adultos e gratis para os menores de 14 anos.
Pola súa banda, o Concello de Ponteareas conta cun programa cheo de actividades para este primeiro fin de semana do mes de decemebro. É o caso do Tren do Nadal, que terá como punto de partida a Praza Bugallal este domingo a partir das 16:00 horas. Ademais, contarase con animacións na rúa, a cargo de Animacreques, ás 18.00 horas. Finalmente, a inaguración do alumeado do Nadal terá lugar ás 18:30 horas na Praza Bugallal o domingo día 1 decembro.
Na Casa Cultural de Leirado, en Salvaterra de Miño farase unha Gala Benéfica o domingo ás 18:00 horas. Actuará o grupo de Teatro A Pedra do Cabalo ca obra «Avós de Gardería«. Ca actuación de Vox Karaoke pecharase a gala.
Do mesmo xeito, chega a obra «Arroutada» da agrupación teatral da ONCE Setestrelo Baixo ao Auditorio Lois Tobio do Concello de Gondomar ás 19:00 horas. A entrada é de balde ata completar aforo.