O Club de Patinaxe Artístico Salvaterra organiza esta fin de semana a II Edición do Trofeo Soldario Salvaterra de Miño coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e Deporte Galego da Xunta de Galicia.
A competición levarase a cabo o sábado 30 de novembro e o domingo 1 de decembro no Pavillón Cándido Carrera e nela participarán máis de 140 patinadores e patinadoras ao longo das dúas xornadas onde o denominador común será a solidariedade, coa recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene.
O evento estará dividido por seccións e as súas correspondentes entrega de trofeos.
Dende o Concello transmiten «os nosos parabéns e gratitude a esta fermosa iniciativa
levada a cabo polo CPA Salvaterra, onde poderemos gozar ademais de dúas xornadas
espectaculares sobre patíns».