«A hora do código» é unha iniciativa global que ten como obxectivo achegar aos estudantes de todas as idades o mundo da programación e a tecnoloxía. Durante unha hora, o alumnado ten a oportunidade de aprender os conceptos básicos da programación. Este aprendizaxe é mediante actividades interactivas e lúdicas. A iniciativa busca ensinar aos nenos a programar e fomentar entre eles o pensamento lóxico. Tamén a resolución de problema, a creatividade e “facer visible o invisible” (como versa o lema da campaña).
Millóns de persoas conectaranse á vez para facer unha hora de código ao mesmo tempo e simultáneamente. Deste modo introdúcese a millóns de estudantes na informática a través de actividades de codificación de unha hora. Así mesmo, o alumnado de Mos conectarase con alumnado de todo o resto do mundo, poñendo á localidade mosense no mapa informático. Ao tempo que se desmitifica a codificación e se amosa que calquera pode aprender o básico, inspirando un interese futuro na informática.
Os obxectivos desta iniciativa son introducir ao estudante no mundo da programación, fomentar o interese pola tecnoloxía e o desenrolo de software, promover o pensamento crítico e a resolución de problemas e demostrar que a programación pode ser divertida e accesible a todos. Esta actividade vai destinada ao alumnado de 4º de Primaria dos CEIPs e 3º da ESO e 4º da ESO do IES de Mos. Polo que participan nela un total de 200 estudantes de todos os centros escolares públicos de Mos, os cinco colexios e o instituto. Constará de dúas sesións por grupo.
Sesións da «Hora do código»
A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, a concelleira de Educación e Emprego Julia Loureiro e a técnico municipal de Formación e Emprego, responsable da coordinación da iniciativa, visitaron esta mañá ao alumnado do IES de Mos que están a participar na actividade «A hora do código». No caso do Instituto estaba a ser impartida polo voluntario da Fundación Esplai, Andoni Silva.
Na primeira sesión, que foi a celebrada hoxe, explícase que é un software, que tipos existen e funcionamento. Presentación de conceptos básicos de programación e de exemplos sinxelos. Amósanse recursos en liña e plataformas onde os estudantes poden empezar a explorar pola súa conta.
Na seguinte sesión, a propiamente denominada “Hora del Código” faráse unha breve introdución de programación e se explicarán os obxectivos da actividade. Execución da hora do código utilizando plataformas Code.org, onde os estudantes poderán resolver puzzles e desafíos programando con bloques visuais, exemplo de xogos (Labyrinth Challenge, Dance Party, Minecraf Adventure).
Son impartidas por dous voluntarios dixitais mosenses, Mónica Suárez, galardoada co Premio ao Voluntariado Dixital da Rede Conecta (estatal) en xuño de 2024 e Andoni Silva. O labor destes voluntarios é achegar a toda a poboación os seus coñecementos en novas tecnoloxías e facilitar a diminución da brecha social dixital. Isto mediante a implementación de accións ou proxectos que aporten unha combinación de coñecementos, habilidades e actitudes que fomenten unha actitude crítica e responsable da tecnoloxía. Non só para a aprendizaxe senón tamén para a participación na sociedade e a interacción social.