miércoles, noviembre 27, 2024
InicioNewsPonteareas clausura o obradoiro Dual de Emprego "Coidar de Nós VII" e...

Ponteareas clausura o obradoiro Dual de Emprego «Coidar de Nós VII» e anuncia o comezo dun novo obradoiro

O Concello de Ponteareas clausurou a última edición do Obradoiro Dual de Emprego Coidar de Nós VI”. A alcaldesa, Nava Castro e o delegado do goberno da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, foron os encargados da entrega de diplomas acompañados do director territorial e da concelleira de Emprendemento, Silvia Fdez. Táboas.

Alcaldesa e concelleira coincidiron en agradecer non só importante apoio da Xunta
de Galicia que inviste 540.000€ a través da Consellería de Emprego e Igualdade
senon tamén o do equipo técnico e o do alumnado participante que deixou a súa pegada en obras e espazos públicos importantes para o día a día da cidadanía.

Concretamente o alumnado da modalidade de sociosanitaria desempeñou as prácticas
na residencia de maiores Santa Ana e o alumnado de albanelería e carpintería
realizou importantes melloras no Centro Cultural de Ribadetea.

A finalidade destes obradoiros é mellorar a formación do alumnado para facilitar a
súa inserción laboral e contactalos durante as súas prácticas coa realidade dos
oficios.

“Creo que a aposta da Xunta de Galicia pola inserción, a empregabilidade e o
impulso ao mercado de traballo queda máis que demostrada no municipio de
Ponteareas, xa que hoxe pechamos un obradoiro de emprego e xa estamos ás
portas de comezar outro con 20 persoas”, explicou a alcaldesa engadindo que “agora é o voso turno, con este título nas vosas mans recibiredes o apoio de todos os
servizos que o Concello pon a vosa disposición como a orientación laboral que
ofrecemos dende o CDL ou a oficina SMARTPEME así como os espazos
coworkings ou a aula CÉMIT do CEDEP onde podedes completar a vosa formación
en TICs ou ter un espazo para emprender”, animounos a alcaldesa, Nava Castro. A
rexedora local informou da recente posta en marcha do Obradoiro de Emprego
Xuvenil ou do Programa Xuventude Mentoring na Empresa que abre novas
oportunidades laborais a máis de trinta mozas e mozos.

O delegado territorial aproveitou a súa intervención para animar a todos os
participantes a “seguir apostando pola formación, sen esquecer que o obxectivo
destes obradoiros é a inserción laboral”.

Pola súa banda a concelleira de Emprendemento fixo balance das accións para a
mellora de formación e emprego que nestes últimos doce meses benefician
directamente a máis de 500 persoas entre o primeiro e segundo programa integral
de emprego, os programas xuvenís anteriormente citados, os plans específicos para
persoas en risco de exclusión e os dirixidos a poboación migrante sen contar os
cursos da UNED nos que xa participan centos de persoas.

Por último, Silvia Fdez. Táboas, adiantou que o vindeiro día 9 comezará un novo
obradoiro de emprego no que se capacitarán vinte persoas nas modalidades de
albañilería nivel 1 e carpintería nivel 1.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS