A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, promoveu o seminario «Eficiencia y sostenibilidad en vacuno de leche» que tivo lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A xornada foi inaugurada pola titular do departamento, María José Gómez, que puso en relevo a importante evolución que experimentou o ámbito lácteo galego nos últimos anos «pasando a tener una economía de casi subsistencia a ser una auténtica potencia nacional, froito do traballo conxunto entre o sector e a administración».
En relación co apoio do Goberno Autonómico, María José Gómez fixo referencia á aplicación ContaLáctea. Esta implementarase para que, ademais de calcular os costes de produción, as explotacións poidan tomar decisións tanto por comparación coas do seu entorno como para decidir actuacións futuras.
Por outro lado, a conselleira avanzou a publicación de un novo Decreto para regular novas estructuras e o sistema de funcionamento do Observatorio Lácteo de Galicia. O que marcará «un punto de inflexión» aumentando a cantidade de información dispoñible, a transparencia e a frecuencia da publicación de datos. Todo isto, có obxectivo de dotar ao sector de ferramentas para a toma de decisións empresariais e de estratexia de compra. No acto de inauguración tamén participou o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso.
Ademais, esta xornada contou coa participación do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Martín Alemparte; e o director xeral da PAC e Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cervino; e serviu para analizar a eficiencia e a sustentabilidade do sector.
Durante a súa intervención, Juan José Cervino remóntase á década dos 90 para facer un percorrido pola historia do sector lácteo ata a actualidade. Neste sentido, analizou diversas circunstancias que incidiron no mercado interior do leite da nosa comunidade, como as condicións económicas, o clima ou mesmo os distintos períodos da PAC, e que inflúen no sector a nivel local e internacional. A partir deste tipo de análises pódense extraer conclusións sobre a evolución do sector e a súa xestión.
No seminario tamén se abordaron cuestións como as tendencias do sector lácteo a nivel mundial, a eficiencia das explotacións en Europa, así como a nutrición, ou as innovacións que permitan aumentar a produción en vacún de leite. Para falar destes temas, a xornada ofreceu unha serie de relatorios de expertos internacionais.
Ademais, valorouse o sector lácteo galego, xa que a comunidade é líder en produción láctea en España. «Isto demostra a súa importancia para a economía de Galicia, dado que xera uns ingresos anuais de máis de 1.500 millóns de euros«, segundo apuntan desde a Xunta de Galicia. Ademáis, a adminsitración autonómica insiste en que «convén destacar o esforzo que están a realizar as explotacións de vacún de leite en materia de innovación e transformación de produtos co obxectivo de poñer en valor o leite producido na comunidade».
Asemade, o Goberno galego explicou que «tamén colabora co sector a través de liñas específicas de axudas para impulsar a transformación e comercialización dos seus produtos«. Estas achegas, que desde 2016 beneficiaron a máis de 600 proxectos empresariais -dos cales 62 corresponden á última convocatoria- supuxeron un investimento global de 195 millóns de euros.
Tal e como explican desde Medio Rural, «cómpre salientar a situación de referencia que ocupa o sector lácteo en Galicia, que representa arredor do 1,5% do PIB. O máis importante é que máis do 40% do leite que se produce en España procede da nosa comunidade e máis do 56% dos produtores de España están en territorio galego«.