Arbo acende as luces de Nadal o vindeiro venres 29 de novembro, cambiando de día e adiantando, así, o comezo do Nadal en comparación cos anos pasados. Para iniciar este evento cóntase coa actuación do Grupo Folclórico de Barca de Loimil ás 19:00 horas que tocará polas rúas.
Posteriormente, acenderanse o alumeado de Nadal na Praza do Concello ás 20:00 horas. Dende o Consistorio, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, anima aos arbenses a asistir a este acto e indica que «non faltes a este evento que dá comezo á maxia do Nadal en Arbo”.