martes, febrero 18, 2025
InicioNewsConcellos +Aberto o prazo para solicitar praza no campamento Concilia-Tea Nadal 2024

Aberto o prazo para solicitar praza no campamento Concilia-Tea Nadal 2024

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas informa que ata o día 5 de decembro está aberto o prazo para solicitar praza no campamento Concilia-Tea Nadal 2024. Unha oferta formativa que ten como fin principal a conciliación familiar e laboral, fomentar a atención á infancia e xuventude.

O goberno municipal comenta que «os campamentos de conciliación deseñados polo Concello priorízase unha programación que combine o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables». Ademais de sinalar que «a infancia participante achégase con actividades lúdicas ao coñecemento do noso patrimonio histórico, etnográfico, artístico e medioambiental».

O Concilia-Tea está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos de idade escolarizados, nenos e nenas das etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. En canto ao lugar, será nas Instalacións do CEIP “As Veigas”, sito na rúa Azorín, nº 5 de Ponteareas. Desenvolverase en quendas entre os días laborais do 23 de decembro ao 7 de xaneiro, ámbolos dous incluídos. Ademais, as familias poderán beneficiarse deste servizo en horario de 9:00 a 14:00 horas, debéndose aboar o prezo de 50 € por cada neno ou nena á empresa contratada polo Concello para prestar o servizo. As bases contemplan a reserva de dúas prazas para alumnado NEAE.

Ademais, o concelleiro de Ensino, Ricardo González, informa que se porá a disposición das familias que o soliciten un servizo de aula matinal dende ás 7:30 horas ata ás 9:00 horas, debéndose aboar o prezo de 10 € por cada neno ou nena á empresa
contratada polo Concello para prestar este servizo. As bases e o impreso de inscrición do Concilia-Tea poderán obterse de luns a venres en horario de 9 a 14 h na oficina de Ensino no segundo andar do Concello, o Rexistro Xeral ou ben directamente na páxina web do Concello de Ponteareas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS