A capital galega, Santiago de Compostela, será o centro da memoria das mulleres vitimas do Padroado de protección á muller, a institución franquista que estivo activo desde o 1945 ata o 1985. O venres 29 terá lugar a xornada «O padroado de protección á muller» no Centro Sociocultural das Fontiñas.
Segundo apunta a xornalista e investigadora Montse Fajardo, esta insitución foi creada para exercer control sobre as mulleres consideradas «desacarreiradas» aos ollos do franquismo. O obxectivo era exercer control sobre a moralidade das mulleres que non seguían o cannon establecido. Por exemplo, aquelas que militaban políticamente, entre outras.
Escoita a entrevista completa con Montse Fajardo en Si Radio aquí:
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse neste formulario.