O Recinto Feiral e o Pazo da Cultura prepáranse para a gala dos Premios Feroz que se celebrará o vindeiro 25 de xaneiro. Para iso, esta semana comenzaron as melloras tanto interiores como exteriores destes espazos, que contan cun investimento de máis de 300.000 euros, segundo informa o Concello de Pontevedra.
Cómpre lembrar que os Premios Feroz son os galardóns que cada ano entrega a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) a mellor produción audiovisual tanto en cinema como en televisión. Así achegaranse a Pontevedra, os principais creadores e creadoras, actrices e actores, directores e directoras, productoras, entre outras persoas da industria cinematográfica. Debido a estos premios, hai unha programación con diversas actividades entre as que se encontra o Concerto Feroz de Bandas Sonoras, do que se pode disfrutar este sábado 30 as 20:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra. A entrada é de balde.
As obras comezaron esta semana polo que a Concellaría de Cultura de Pontevedra, «agradece a colaboración que tiveron e están a ter tanto a Universidade de Vigo e a facultade de Deseño de moda como os organizadores do Culturgal, xa que nalgún momento da produción tanto do desfile como da feira cultural teñen que convivir coas obras.»
Neste caso, o concelleiro de cultura, Demetrio Gómez, explica que estas obras supoñen un esforzo de coordinación moi importante que se poden realizar grazas ao bo funcionamento da administración municipal. Posto que están implicadas os servicios de Infraestruturas culturais, Promoción da cidade, Servizos urbanos básicos e a Oficina Técnica de Arquitectura. O investimento que supera os 300.000 euros que se imputarán a distintos contratos asumidos polos distintos departamentos que participarán nestes acondicionamentos.
Algúns dos proxectos que se realizarán até a semana anterior á celebración da Gala dos Premios Feroz son a instalación dun ascensor, a reforma dos aseos, o pintado do recinto, a substitución dos cadros eléctricos, a limpeza exterior do edificio do Recinto Feiral e a da súa contorna ou incluso a mellora da iluminación.
Con respecto a iluminación, o proxecto inclúe a substitución a tecnoloxía led da iluminación exterior, dos embelecedores da fachada e das luminarias nas entradas do Recinto feiral. Tamén se ten contemplado a substitución das luminarias na entrada do auditorio.
Así mesmo, outra acción será o pintado da entrada superior do Recinto Feiral. O balcón ao que se accede dende o estacionamento superior por onde está prevista a entrada dos asistentes da Gala dos Premios Feroz. Dende este mesmo balcón, instalaráse un novo ascensor panorámico que fará accesible o edificio do Recinto Feiral.
Ademais, no interior proponse a demolición e reforma dos aseos que inclúe unha nova conexión de saneamento, xa que a actual ten problemas de atoamentos. Tamén está previsto a reparación e colocación de novos pavimentos, melloras de accesibilidade, iluminación, entre outras actuacións.
Outra actuación importante será a reforma dos cadros e das liñas eléctricas da instalación, xa que é unha actuación imprescindible para que se poidan facer retransmisións televisivas dende el.
Limparanse os cristais e os paneis perforados do Recinto, substituíndo os vidros que estean fracturados. Tamén se fará unha limpeza exterior retirando graffitis e outras pintadas.
Toda a parte exterior do Recinto Feiral, é dicir, o estacionamento en superficie e os seus accesos tamén se beneficiarán destas melloras coa reparación do pavimento, limpeza, reparación e adecentamento de escavas ou o seu peche, de ser o caso…
Esta actuación xeral do Recinto Feiral vénse a complementar coa substitución dos vidros do lucernario no acceso ao Auditorio do Pazo da Cultura que quebraron co último temporal. «É un traballo que xa está moi avanzado pero aínda non se ten rematado» apunta o Concello de Pontevedra.