martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsO fin do feísmo no Porriño despois de máis de 30 anos...

O fin do feísmo no Porriño despois de máis de 30 anos no pleno centro urbano

O goberno municipal do Porriño aprobou hoxe a modificación puntual do PXOM. Con isto, o goberno municipal aclarou que permitirá resolver un grave problema de feísmo urbanístico que levaba máis de 30 anos enquistado no centro da vila. En concreto a medida afecta ao edificio lóbrego de seis plantas da Praza Central.

Desde a aprobación do PXOM, «non se contemplou adecuadamente a realidade do conxunto de edificios na rúa Estación, o que provocou a un grave estado deterioro e abandono nunha localización importante para a cidade«. Neste sentido, o executivo local indica que «a mazá na que se sitúa este edificio é a única no centro urbano cun espazo interior aberto, non edificable en plana baixa, e na que as aliñacións interiores estaban mal definidas, impedindo que o espazo puidese ser considerado un patio de mazá ou un espazo libre«.

Por outra banda, a modificación puntual do PXOM aprobada, introduce axustes nos parámetros de ocupación en planta baixa, substituíndo as aliñacións interiores por novas delimitacións edificables, resolvendo así o problema que mantiña paralizada a construción. Pola contra, non afectará as determinacións fundamentais do PXOM, manténdose as aliñacións exteriores, a edificabilidade e os aproveitamentos urbanísticos contemplados no plan orixinal.

O alcalde do Porriño destacou a solución da proposta e abordou as cuestións de seguridade así como a mellora da funcionalidade da zona. Insistiu en que «a prioridade é acabar con este problema de feísmo co que estivemos convivindo durante anos. Ademais, esta modificación permitirá dispoñer de máis vivendas nunha localización privilexiada, mellorando a calidade de vida dos veciños e a dinámica urbana do centro do Porriño». Tamén incidiu en que a xestión do goberno municipal “non se limita a esta edificación, senón que se está a traballar para resolver esta problemática noutras construcións do municipio”.

O goberno municipal indica que «a nova ordenanza non só mellorará a estética e a seguridade senon que permitirá reactivar unha área que estaba desvalorizada, contribuíndo ao crecemento sostible do municipio». Esta medida aprobouse en pleno co voto a favor do equipo de goberno e o voto en contra dos grupos da oposición.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS