Abel Caballero e a presidenta do Club Real Club Celta, Marián Mouriño, asinaron un acordo no que lle permite ao equipo celeste organizar grandes eventos no campo municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo.
O estadio de Balaídos está equipado para albergar espectáculos de gran afluencia, xa o ano pasado celebráronse concertos como o de Guns N´Roses, que foi o último realizado no recinto. A organización destes eventos traerá consigo «cultura, música e un retorno económico para a cidade, pondo tamén en valor a infraesctructura deportiva do Celta», segundo apuntan desde o Concello de Vigo.