martes, noviembre 26, 2024
InicioNewsActualidadeAs probas de acceso á universidade xa teñen data e horarios oficiais...

As probas de acceso á universidade xa teñen data e horarios oficiais en Galicia

Os alumnos e as alumnas de segundo de Bacharelato así como aquelas persoas que se presentan á proba de acceso á universidade no 2025 xa contan co horario oficial. A Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, vén de facer publícos os tramos nos que se desenvolverán os diferentes exames das materias obxecto de avaliación.

Deste xeito, o primeiro exame que realizarán os alumnos e as alumnas en Galicia será o de Lingua Castelá o martes 3 de xuño a partir das 10:00 horas e no caso do alumnado con necesidades educativas específicas, a proba comezará ás 09:30 horas. Neste mesmo día, realizaranse as probas de Historia de España, Historia da Filosofía, Bioloxía, Texnoloxía e Enxeñaría, Empresa e Deseño de Modelos de Negocio, Coro e técnica vocal así como as de segunda lingua extranxeira. A primeira xornada rematará as 20:00 horas cos exames de Física, Grego, Fundamentos artísticos e Historia da música e da danza.

O segundo día no que o alumnado de Galicia se someterá as Probas de Acceso á Universidade (PAU), o mércores 4 de xuño, comezará ás 09:30 horas coas probas da primeira lingua estranxeira e continuará ás 11:30 horas con Matemáticas, Latín, Debuxo artístico, Artes escénicas e Ciencias Xerais. Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, o estudantado examinarase das materias de Química, Xeografía e Deseño así como de Movementos Culturais e Artísticos. Por último, ás 18:00 horas, é a quenda das materias de Xeoloxía e Ciencias Ambientais, Historia da Arte, Ténicas de Expresión gráfico-plásticas e literatura dramática.

O último día de Proba de Acceso á Universidade é o xoves 5 de xuño e comezará tamén ás 09:30 horas co exame de Lingua galega e literatura e rematará ás 13:30 horas logo de que o alumnado se examine de materias como Debuxo técnico, matemáticas aplicadas, debuxo técnico aplicado ou Análise musical.

Podes consultar o PDF da Comisión Interuniversitaria de Galicia, aquí.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS