lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas contará cunha aula de estudo aberta 24 horas os sete días...

Ponteareas contará cunha aula de estudo aberta 24 horas os sete días da semana

Os veciños e as veciñas de Ponteareas contarán cunha aula de estudo, que estará aberta 24 horas os sete días da semana, nas intalacións da nova Biblioteca Municipal. Así o confirmou a alcaldesa, Nava Castro, nos micrófonos azuis de Si Radio de Galicia, onde explicou que agora é a quenda de realizar unha selección dos cinco proxectos finalistas para a rehabilitacón do edificio que albergará a biblioteca, na actual Praza de Abastos.

Deste xeito, Ponteareas equipárase ao Porriño en materia de accesibilidade a un espazo no que os veciños e as veciñas poidan estudar independetemente do horario do que dispoñen. Foi o municipio da Louriña o primeiro en contar cunha aula de estudo aberta os sete días da semana co obxectivo de «atender unha importante demanda da mocidade porriñesa e da cidadanía en xeral, habilitando un espazo en condicións onde poder estudar nun ambiente tranquilo, agradable e que favorece a concentración», segundo aseverou o rexedor Alejandro Lorenzo.

Agora, o futura Biblioteca Municipal de Ponteareas, que se localizará na actual Praza de Abastos, dará resposta a unha das demandas do estudantado da vila do Tea posto que o actual horario deste servizo é de 08:00 horas a 21:00 horas de luns a venres e os sábados, de 10:30 horas a 13:30 horas, o que imposibilita o acceso para aquelas persoas que compaxinan un traballo cunha formación académica.

Segundo apuntan desde o Concello, o espazo, habilitado para albergar a usuarios e a usuarias, terá un acceso independente e contará con pases automáticos para cada un dos usuarios e das usuarias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS